O seguinte blogue é un espacio creado na rede por un rapaz o cal se deixa coñecer no blogue. É un blogue adicado principalmente á música tradicional galega, ós seus músicos, ás noticias de seráns, foliadas, obradoiros, instrumentos...Para o meu entender o propósito do blogue está moi claro e totalmente lexible.
As seccións gardan moita relación entre si, e a máis numerosa é a que atende ós traballos discográficos, tamén hai outras de interese como a de introdución á música tradicional irlandesa..
Os contidos están perfectamente lexibles e algúns engaden imaxes e vídeos interesantes, ademais de opcións de descargas de música, penso que ten uns contidos entretidos para a súa audiencia.
En canto á súa observación está perfectamente deseñado, xa que as letras claras sobre o fondo escuro negro que lle da un toque de elegancia, fanse moito máis adquiribles á hora de ler. No seu deseño prima a sinxeleza.
O blogue destaca por ter un gran número de páxinas asociadas, podendo deste xeito estar en contacto directo con elas a través del, e ofrecéndolle a posibilidade ós seus visitantes de coñecer novas páxinas que gardan algún tipo de relación con este blogue.
Quizais unha cousa das máis interesantes que garda este blogue é a relación que ten con outros blogues do estilo, xa que á súa dereita no apartado de “outros blogues” tes acceso a velos e comprobar se fixeron actualizacións, dende o propio blogue de VIGOFOLK. Ten tamén nesta columna acceso a bares folk e artesáns que gardan relación con este mundo, para facilitar o contacto con eles se nos fose preciso ou coñecelos; e algunhas tendas especializadas no tema. Os links que ten ofrecen variedade e contidos de interese en consonancia cos obxectivos do blogue.
Utiliza un linguaxe claro e explícito e bastante coloquial polo que fai que sexa máis atractivo para algunha xente navegar por el, o xeito de escribir é moi respectuoso.
En canto ós comentarios que hai no blogue podemos contar que están totalmente abertos a calquera, sen ningún tipo de restrición nas diferentes seccións, como é un blogue que ten un gran número de seguidores e que está activo de xeito continuo, recibe tamén comentarios, pero os xustos, iso si hai un clima perfecto en canto a isto xa que son contestados e compartidos.
Elixín este blogue primeiro porque me gusta, porque participo do mundo que o rodea, e me parece que se adapta bastante ben ó que quere expresar. Por iso opino que poderíamos traballar con el nas nosas aulas, para darlles información previa sobre grupos, estilos e instrumentos ós alumnos e logo realizar algunha actividade relacionada ou memorizar algúns contidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario