
As WebQuest son un elemento clave que nos incitan a adaptar a ensinanza tradicional ós nosos tempos. É unha idea orixinal de Bernie Dodge (1995); trátase dun método para desenrolar un traballo didáctico de maneira guiada, utilizando sobre todo, os recursos que nos ofrece internet, ademais de outros máis tradicionais como libros, revistas, cintas de vídeo, etc.
Esta é unha WebQuest de creación moi recente, co motivo da celebración do día das nosas letras, adicado este ano a Uxío Novoneira. Segue a mesma estrutura que gardan tódalas WebQuest . A WebQuest está dirixida á alumnado de 3º de primaria e foi creada pola biblioteca do CEIP de Andrade.
Isto todo aparece explicado no apartado de inicio; hai tamén a posibilidade dun cambio de idioma, ó castelán. Despois do inicio, aparece unha pequena introdución que nos presenta ó Poeta do Courel, e nos invita a investigar sobre el. Logo da introdución ven o apartado de tarefas, na que se lles pide que para investigar sobre a vida do poeta, se convertan en biógrafos, sociólogos, compositores e guías turísticas. Ó apartado de tarefa, séguelle o apartado de proceso onde se lles proporcionan varios cuestionarios que deben completar e recursos que poden utilizar. Despois ven o apartado da avaliación, que ten unha parte onde os alumnos son avaliados entre si, e outra onde a avaliación é feita polo profesor. Seguido deste ven o apartado de conclusións, e por último o de créditos onde se plasman as fontes utilizadas para a creación de este material.
Esta WebQuest está deseñada para traballala en varias sesións de clase polo que poderíamos dicir que é do tipo das WebQuests a longo prazo. En canto á súa avaliación está creada por rúbricas, que é unha guía para avaliar o traballo do alumno baseándose nunha serie de criterios .
No hay comentarios:
Publicar un comentario