O blog vai dirixido a xente que lle interesa o mundo da música folk, celta e as súas variantes. Unha definición axustada do que é o blog sería dicir que é un recuncho onde a xente que o visite pode acceder a información sobre a actualidade deste mundo, noticias sobre os grupos, lanzadas de discos, xuntanzas, traballos que realizan as asociacións... Quizais o que máis lles gusta ós que visitan o blog son as noticias e os concertos gravados que ten, xa que son as seccións que máis artigos teñen.
O propósito do blog está bastante claro dende a primeira visual; é conseguir un recuncho de información actual sobre o folk, a nivel nacional. A día de hoxe ten rexistradas 85345 visitas. É un blog persoal, quero dicir que creo que é dirixido por unha persoa coa que non se pode contactar, porque xa o intentei no apartado de contactos. Dende o meu punto de vista e falando do que máis coñezo, non afonda nos contidos menos coñecidos referíndose a grupos e así, se non que resalta os máis publicitalos por así dicilo. Os contidos son moi interesantes, son lexibles precisos e moi entretidos para quen goce do que se trata aí. Os artigos teñen unha duración media, ceñindose basicamente a aspectos puntuais, en moitos casos son vídeos, iso parece máis chamativo.
O aspecto do blog vai moi acorde cos contidos e resulta, ó meu entender, moi divertido xa que de foto inicial aparece unha fotografía típica de un entroido, que non son capaz de identificar, pero que garda moita relación co mundo tradicional. O resto do blog presenta un aspecto moi elegante porque é negro e moi lexible, onde saen as noticias actualizadas o fondo é branco e así as imaxes e as letras fanse máis fáciles de dixerir. A navegación por el é moi fácil, xa que está todo completamente ordenado, é unha virtude importante.
O contraste das letras brancas sobre o fondo negro onde se pode acceder ás diferentes seccións que ten e ó revés as letras negras sobre fondo branco onde se ven as actualizacións fai que a navegación sexa moito máis adsequible e rápida. Os contidos están totalmente relacionados independentemente das diferentes seccións que ten.
Ofrécenos podcast e radios de gran interese cultural, pero a verdade e que poderíamos dicir que ten pouca variedade neste aspecto, inda que moi relacionado cos obxectivos perseguidos polo blog. Alberga debaixo destes un apartado de interesantes enlaces e outro de instrumentos onde podes dirixirte para a compra dos instrumentos ofertados, moi acorde cos contidos do blog.
Este blog non se pode dicir que teña unha sensación de comunidade, inda que é bastante visitado, polo número que de visitas que xa citei anteriormente, non ten actividade en canto a comentarios, xa que nas noticias de actualidade e algunhas outras non se fixeron moitos comentarios. Volvo repetir que o blog é anónimo e o seu creador non se da moito a coñecer. Non se lle ve actividade noutros blogs. Non creo te teña intención de publicitalo moito pero supoño que lle gustará gañar adeptos.
Creo que coa chea de contidos que ten podería incluír nalgunhas sesión de unha aula para explorar algúns podcasts ou para ler algunhas noticias de actualidade, por iso o escollín. Con el podemos avaliar a capacidade de lectura dalgúns alumnos, ademais do achegamento que teñen á música folk, podemos abrilos a novas vías de cultura, se non a coñecían anteriormente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario